Saturday 04 de May de 2024

Pakolas despedirá as funcións adscritas á Pobra no marco do festival Atlántica


A Pobra do Caramiñal albergará nesta semana a segunda e última función ao abeiro da undécima edición do festival internacional de narración oral Atlántica.

Dentro do programa infantil e familiar, Pakolas levará Rockeando con Ramona pequena ao Cantón da Leña, a partir das 20.30 horas do día 6 de xullo.

Alí contarase e cantarase a historia dunha nena movida por constantes inquedanzas, cunha mente esperta e imaxinativa. As persoas asistentes mergullaranse nunha aventura didáctica e rockeira na cal aprenderán que os soños poden facerse realidade.

Esta sesión de balde conta coa colaboración da Concellaría da Cultura, tamén no marco da axenda local Verán Cultural 2023. Máis información na páxina web www.festivalatlantica.gal.